top of page

O punto de partida. A identidade local como cuestión universal.

 

Unha actriz. Só un barril e unha caixa de madeira na escea. Como fondo, a reprodución de fotos dos anos 40 e 50, sobre o espello pendurado e cheo de pó. O viño e os seus derivados culturais. Tres idiomas. A recuperación histórica de poetas galegos, as crónicas máis modernas da filosofía e da ciencia que falan sobre o ser humano...

Todo isto, provocado polo descubremento dunhas cartas de dous namorados arraianos, un galego e outra portuguesa, nunha historia de amor calquera e única, unha historia que podería ser nosa.

 

O proceso de creación escénica: Viewpoints, Composición e Cine en Directo

 

A peza está sustentada sobre nuevas técnicas de composición y actuación donde el tiempo, el espacio, el texto, la acción, el personaje, el vestuario, la iluminación, la música y la videocreación tejen la obra hacia un complejo dramatúrgico aglutinador. 

 

A creación escénica desenvolveuse a partir das técnicas de Pautas de Composición e linguaxe Viewpoints, métodos que a compañía explorou durante anos da man dos seus creadores (Anne Bogart, SITI COmpany), e nos que basea a estrutura das súas pezas.

como se fosen ingredientes da levadura escénica, o proceso de ensaios vai engadindo os textos, músicas, imaxes e accións á estructura, nunha construción caleidoscópica que ira dando forma á peza final.

En definitiva, o proceso horizontal de creación de ArtesaCía pretende asignarlle ó actor o papel de cocreador, e ó director o de "editor" ou montador.

 

bottom of page