top of page

 

LAURA VILLAVERDE nace en Tui no 1984 é actriz, creadora escénica, creadora de contidos, produtora e xestora cultural galega. Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia (2006-2010) e cun Mestrado en Servizos Culturais pola USC (2022-2023).

​

Completou a súa formación no campo da interpretación en Nova York (2010-2012) da man de SITI Company/Anne Bogart, especializándose en Viewpoints, método Suzuki e composición escénica.

Profundizou en técnicas do corpo, movemento e danza con compañías e creadoras/es como The Bill T. Jones/Arnie Zane Dance Company, Temple Theatre, Ana Serna, Jordi Cortés, Lauren Atanes, Julio Castronuevo e José Piris, entre outras/os.

​

Foi bolseira do programa de adestramento internacional da universidade norteamericana Skidmore College para formar parte do Summer Theater Workshop en Saratoga, Estados Unidos.

​

Introduciuse na escena internacional coa súa obra Uvas de Collón de Ghalo, presentada en Colombia, Porto Rico e Nova York entre 2012 e 2013. En Nova York participou tamén en Café Variations, baixo a dirección de SITI Company/Anne Bogart, no teatro New York Live Arts.

​

Formou parte do elenco do Centro Dramático Galego como actriz principal en dúas producións dirixidas por José Caldas (2014) e Gena Baamonde (2019).

​

No ámbito audiovisual destaca a Axuda ao Talento Audiovisual Galego de AGADIC recibida para Ursúas, a súa primeira longametraxe, que protagoniza e produce, dirixida por Roi Fernández e seleccionada no Festival Internacional Play-Doc 2026. Tamén é destacable o seu traballo nas curtametraxes do premiado director Alex Lora, así como a súa colaboración como actriz no programa de dirección cinematográfica do City College of New York, dirixido por Chantal Akerman.

​

En 2012 fundou Artesa Cía, compañía coa que desenvolveu unha ampla traxectoria como actriz, creadora, dramaturga, produtora e distribuidora en teatro contemporáneo, creación colectiva, escena expandida, audiovisual e formatos transmedia. A compañía actuou en numerosos teatros e auditorios de Galicia, cun total de preto de 300 funcións.

​

Entre as súas creacións destacan Illas Desertas, seleccionada pola Rede de Teatros Alternativos de España; H/OSTIA, proxecto de creación colectiva e horizontal entre Nova York, Madrid e Galicia, apoiado polo Colectivo RPM cunha Residencia Paraíso 2020; e Panos de Vinaghre , obra pola que foi galardoada co premio á Mellor Interpretación, no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, entre outras propostas escénicas vinculadas á creación contemporánea, á identidade galega, ao corpo e ás linguaxes híbridas.

De 2013 a 2016 crea e codirixe Extramuros ( Espazo de Colisións Artísticas), na Coruña, un espazo interdisciplinar de creación, encontro e exhibición escénica.

​

En 2020 funda A Estraperlista, asociación artística e cultural situada no medio rural, concibida como laboratorio de creación escénica, investigación artística e intercambio cultural, onde continúa desenvolvendo procesos de creación coa súa compañía.

​

O seu perfil combina versatilidade interpretativa, traballo corporal, identidade galega, creación de personaxes, xestión cultural, docencia artística e unha longa experiencia en procesos de creación propios e colectivos.

​​

​

​

​

  • Facebook - Black Circle
  • Twitter - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • YouTube - Black Circle
  • Pinterest - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
bottom of page